xoves, 9 de abril de 2015

A CURACIÓN DE CONTIDOS



Teño que recoñecer que antes de empezar este curso de "Creación de ambientes persoais de aprendizaxe" non sabía a que se refería o termo "curación de contidos". Despois de buscar información podo decir que a “curación de contidos” consiste en buscar, filtrar, organizar e difundir, de forma segmentada, parte da gran cantidade de contidos que se xeneran en Internet.





O termo 'curación de contidos' (proveniente do inglés, 'content curation') refírese á selección de información que outros produciron ao redor dun tema específico. Un traballo que os alumnos deberán realizar co docente como guía e compañeiro de exploración, e que contribuirá a que desenvolvan o seu pensamento crítico.








O docente convírtese nun "curador"que é unha persoa que busca ,escolle e elixe o mellor contido da rede para despois comunicalo aos seus alumnos ou a toda a comunidade educativa.


Como este é un blog dunha biblioteca falarei da figura do bibliotecario ou bibliotecaria "tradicional" que é coma o "curador", O bibliotecario tamén ten que buscar, escoller e elixir os mellores materiais escritos, cintas de video,DVD, revistas... dentro da súa biblioteca, que lle permitan o alumno, facer un bo traballo ou resolver a súas dúbidas. 
Claro está que nunha biblioteca os materiais son máis ou menos limitados,según o tamaño da biblioteca.
O "curador" atópase con infinita información na infinita biblioteca que é Internet.









Hoxe en día nas nosas bibliotecas, o bibliotecario segue facendo un traballo "tradicional":
 " - O libro que che interesa está nesa estantería" - pero tamén ten que ser "curador" pois cada vez máis os alumnos buscan a información que precisan en Internet: ordenadores, tablets, smartphones... e dende a biblioteca debemos facilitarlle a labor de atopar o que precisan, contidos filtrados, organizados e esa búsqueda que se poida difundir para outros cos comentarios que estimen oportunos. Actualmente nas nosas bibliotecas os libros e materiais impresos comparten espacio cos ordenadores e tablets.



Enlaces