luns, 5 de marzo de 2012

ABRAHAM CARREIRO

O pasado LUNS 27 visitou o noso cole ABRAHAM CARREIRO.

Naceu en Vigo en 1981.
É fillo de Pepe Carreiro, ilustrador dos "Bolechas".
Cursou catro anos de estudos en Artes Gráficas na escola Joso de Barcelona e un ano de especialización en ilustración de libros na escola Massana.
Actualmente traballa como debuxante, ilustrador e deseñador gráfico. Ademais da colección Contos que len outros nenos do mundo e outros traballos, ten publicados: A fortuna de Bartolomeu ; Xanardán e a becha ; Grandes contra pequenos ; O corvo do chapapote ( Ed. A Nosa Terra); Os pequenos Barbanzóns ( Ed. Toxosoutos); a mascota Lepi, para a biblioteca do concello de Ames; a revista dixital de humor gráfico "kkrak rebélase o galiñeiro”; debuxos para o cómic da revista Podem ; viñeta mensual para a revista Tempos Novos e a historia de cómic Juppy que Guay premiada na revista do salón de Historias em Quadrinhos de Sao Paulo.