martes, 16 de outubro de 2012

CONTOS DE OUTONO

O curso pasado cada clase elaborou un "CONTO DE OUTONO", e este é o resultado das clases de Educación Infantil e de 1º e 2º de Primaria.

 

xoves, 11 de outubro de 2012

VISITA Á BIBLIOTECA





Hoxe os nenos e nenas da clase de 3 anos recibiron unha carta de Repoluga, a mascota da biblioteca e aproveitamos a ocasión para ir a facerlle unha visita

INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA

A semana que ven será a inauguración da nosa biblioteca.
Recordaremos e aprenderemos as normas, o funcionamento e a colocación dos materiais, para así converternos en expertos usuarios.

luns, 5 de marzo de 2012

ABRAHAM CARREIRO

O pasado LUNS 27 visitou o noso cole ABRAHAM CARREIRO.

Naceu en Vigo en 1981.
É fillo de Pepe Carreiro, ilustrador dos "Bolechas".
Cursou catro anos de estudos en Artes Gráficas na escola Joso de Barcelona e un ano de especialización en ilustración de libros na escola Massana.
Actualmente traballa como debuxante, ilustrador e deseñador gráfico. Ademais da colección Contos que len outros nenos do mundo e outros traballos, ten publicados: A fortuna de Bartolomeu ; Xanardán e a becha ; Grandes contra pequenos ; O corvo do chapapote ( Ed. A Nosa Terra); Os pequenos Barbanzóns ( Ed. Toxosoutos); a mascota Lepi, para a biblioteca do concello de Ames; a revista dixital de humor gráfico "kkrak rebélase o galiñeiro”; debuxos para o cómic da revista Podem ; viñeta mensual para a revista Tempos Novos e a historia de cómic Juppy que Guay premiada na revista do salón de Historias em Quadrinhos de Sao Paulo.



 

xoves, 23 de febreiro de 2012

BENVIDA

Ola, hoxe o equipo da biblioteca do CEIP "San Roque" botamos a andar neste mundo dos blog e queremos dar a benvida a todos e todas que formades parte da nosa comunidade educativa: alumn@s, familias,ANPA, profesorado... Tamén nos gustaría que participedes aportando comentarios, suxerencias, peticións e todo o que se vos ocurra para poder mellorar este blog.
Aquí atoparedes lecturas recomendadas, actividades que se levan a cabo no centro propostas dende a Biblioteca, propostas de xogos educativos...
Para comenzar esta andadura imos recomendar uns libros de lectura. Esperamos que vos gusten.
(Perdoade os fallos informáticos)